A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo coa alcaldesa de Forcarei
2026-01-14
/documents/35297/1994935/260114_Forcarei_x-1+2.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa alcaldesa de Forcarei, Belén Cachafeiro.
No encontro mantido esta tarde en San Caetano, e no que tamén estivo o director territorial da Consellería en Pontevedra, José Manuel González, abordáronse diferentes actuacións en materia de vivenda, de interese para este municipio.
A reunión enmárcase na liña de colaboración que vén mantendo o departamento que dirixe María M. Allegue cos concellos, prestándolles apoio para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Departamento:
C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Data de actualización: 14/01/2026