Román Rodríguez destaca a achega do profesor Santos Rego e do grupo Esculca á investigación educativa

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2026

 O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, participaron hoxe na presentación do libro O doutoramento en Educación. ¿Reproducir ou Transformar?, coordinado polo profesor Miguel Anxo Santos Rego. No transcurso do acto, no que participou tamén o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, o representante da Xunta destacou a intensa achega deste docente á investigación educativa, ámbito no que é premio nacional, así como a do grupo ESCULCA–Coñecemento e Acción Educativa, que dirixe na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade compostelá.

O conselleiro felicitou aos investigadores do grupo por esta nova publicación, que vén afondar na situación e perspectivas do doutoramento en Educación no marco dunha sociedade do coñecemento. Así mesmo, puxo en valor a importancia do traballo de investigación en educación e, en especial, a súa transferencia ao día a día dos centros de ensino para avanzar na resposta aos novos retos de formación do alumnado no século XXI.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/01/2026