O delegado territorial da Xunta en Ourense mantén un encontro de traballo co alcalde de Pontedeva

Ourense, 15 de xaneiro de 2026

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá co alcalde de Pontedeva, Juan Carlos González, para avaliar posibles vías de cooperación conxunta de cara ao futuro e analizar os principais proxectos de interese municipal que se están a levar a cabo coa colaboración da Administración autonómica.

Manuel Pardo destacou a importancia de manter un diálogo continuo cos representantes das administracións locais co fin de coñecer de primeira man as súas necesidades en cuestións relacionadas coa Xunta, e así mellorar nestas competencias para o beneficio da veciñanza.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/01/2026