A Xunta destaca o papel do deporte como elemento de inclusión na presentación do equipo Genuine de Aspromor
Ortigueira (A Coruña), 16 de xaneiro de 2026
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta tarde na presentación do equipo de fútbol Genuine, formado por xogadores e xogadoras con discapacidade, da asociación Aspromor. Así, fixo fincapé no papel do deporte como motor da inclusión e da integración, así como tamén da igualdade, fomentando o traballo e mellorando a autoestima e habilidades dos membros do grupo.
Neste sentido, María Quintiana manifestou que Aspromor é un estandarte de Ortigueira e de toda a comarca, e que esta iniciativa, en colaboración co FC Ortigueira, pono de manifesto. Ademais, a directora xeral trasladou a felicitación do Executivo galego á entidade pola promoción de valores como a deportividade, o traballo en equipo e autonomía persoal, ao tempo que se dá visibilidade ás múltiples capacidades das persoas con discapacidade. Deste xeito, reiterou o compromiso da Xunta cunha Galicia más xusta, solidaria, inclusiva e igualitaria, para o que é fundamental- recalcou- o papel das entidades sociais como Aspromor.