Supéranse os 32.600 participantes en Sincigal, o ensaio clínico que avalía a redución de hospitalizacións en adultos polo virus respiratorio sincitial
Colaboraron máis de 8.000 persoas da área sanitaria da Coruña e Cee; preto de 2.500 de Ferrol; máis de 4.200 de Santiago de Compostela e Barbanza; máis de 5.100 de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; máis de 5.100 en Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; máis de 3.200 de Vigo; e preto de 4.400 de Pontevedra e O Salnés
Por grupos de idade, acudiron preto de 13.300 persoas de 61 a 70 anos, máis de 5.700 de 51 a 60 e preto de 6.800 de 71 a 80 anos
No chamamento extraordinario desta fin de semana rexistrouse unha participación masiva, con 10.442 cidadáns participantes
Continúa aberta a participación de luns a venres nos puntos habilitados nos hospitais, en distintos horarios
Tamén se pode solicitar en máis de 130 centros de saúde adscritos ao estudo
Os interesados en participar neste estudo teñen á súa disposición o teléfono gratuíto 900 842 217 para resolver dúbidas
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2026
A Consellería de Sanidade agradece a colaboración das 32.617 persoas que levan participado no ensaio clínico Sincigal, que ten como obxectivo avaliar a redución de ingresos hospitalarios na poboación galega mediante a vacinación fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS).
Por área sanitaria, foron recrutadas máis de 8.000 persoas da área sanitaria da Coruña e Cee (case 7.500 do distrito coruñés e preto de 600 do de Cee); case de 2.500 da área de Ferrol; máis de 4.200 de Santiago de Compostela e Barbanza (aproximadamente 3.700 do distrito santiagués e 504 de Barbanza); máis de 5.100 de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos (máis de 3.900 de Lugo, preto de 750 da Mariña e case 480 de Monforte); superan os 5.100 participantes en Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras (case 4.300 do distrito ourensán, preto de 460 do de Verín e case 400 do Barco); máis de 3.200 de Vigo; e preto de 4.400 de Pontevedra e O Salnés (preto de 3.200 de Pontevedra e máis de 1.200 do Salnés).
Por grupos de idade, participaron ata agora 1.690 persoas de 18 a 40 anos; 2.370 de 41 a 50; 5.753 de 51 a 60 anos; 13.277 de 61 a 70 anos; 6.743 de 71 a 80; 2.411 de 81 a 90 anos; e 373 maiores de 90.
Éxito da convocatoria extraordinaria
Esta fin de semana 10.442 persoas participaron na convocatoria extraordinaria realizada nos 14 hospitais públicos do Servizo Galego de Saúde.
Durante as xornadas de sábado e domingo participaron 2.124 persoas no hospital da Coruña; 173 no de Cee; 1.114 no de Ferrol; 267 no da Mariña; 829 no de Lugo; 142 no de Monforte de Lemos; 95 no do Barco de Valdeorras; 788 no de Ourense; 132 no de Verín; 1.427 no de Vigo; 769 no de Pontevedra; 437 no do Salnés; 504 no de Barbanza; e 1.650 no de Santiago de Compostela.
Por idades, foron recrutadas 787 persoas de 18 a 40 anos; 1.341 de 41 a 50; 2.725 de 51 a 60; 3.349 de 61 a 70 anos; 1.879 de 71 a 80; 337 de 81 a 90 anos e 24 maiores de 90.
Ademais da campaña extraordinaria da pasada fin de semana, as persoas que queiran participar no ensaio tamén poden facelo acudindo sen cita previa nos puntos habilitados nos hospitais, en distintos horarios, de luns a venres. Os horarios poden ser consultados na web do ensaio clínico Sincigal.
Ademais, ata o vindeiro 31 de xaneiro tamén estarán activos os máis de 130 centros de saúde participantes, que figuran nesta ligazón.
As persoas interesadas en participar neste estudo teñen á súa disposición o teléfono gratuíto 900 842 217 e a web do proxecto sincigal.com para resolver dúbidas.
O ensaio clínico non avalía a efectividade da vacina, xa autorizada para a súa administración, senón que pretende constatar a súa eficacia á hora de reducir o número de ingresos hospitalarios por virus respiratorio sincitial en poboación adulta.
O estudo ten como obxectivo avaliar a redución de ingresos hospitalarios na poboación adulta galega mediante a vacinación fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS).