Arias destaca o acordo da Xunta e os odontólogos para implantar a plataforma de prescrición de receita electrónica privada

Lugo, 31 de xaneiro de 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou hoxe o avance que suporá a instauración da plataforma de prescrición de receita electrónica privada nas consultas, logo do convenio asinado entre o Goberno galego e os colexios oficiais de Odontólogos e Estomatólogos de Galicia.

Arias realizou estas declaracións durante o acto institucional organizado pola entidade colexial de Lugo con motivo da festividade da súa patroa, Santa Apolonia. Lembrou que tamén se subscribiu o acordo cos colexios oficiais de Farmacéuticos e Podólogos, e co Consello de Colexios Médicos e explicou que “facilitará o seguimento e o control dos medicamentos e produtos sanitarios dispensados baixo receita privada, e axilizará os procesos administrativos vinculados á súa prescrición”.

Data de actualización: 31/01/2026