Medio Rural reforza o diálogo coas empresas de servizos forestais para a mellora do monte galego

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, mantivo hoxe un encontro con representantes das asociacións Serfoga e Asemfo, que agrupan este colectivo no ámbito galego e nacional, respectivamente

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2026

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, Luisa Piñeiro, reuniuse hoxe con responsables das asociacións galega e nacional de empresas de servizos forestais, Serfoga e Asemfo, respectivamente.

A xuntanza forma parte da rolda de encontros que está a manter a directora xeral con representantes do sector forestal, co fin de manter un diálogo permanente e fluído para coñecer as súas inquedanzas e demandas e de avanzar na colaboración público-privada a prol deste eido produtivo e do monte galego en xeral.

 

En concreto, nas reunións de hoxe abordáronse asuntos como a situación e perspectivas de futuro do sector ou as posibilidades que ofrecen a empresas e particulares as diferentes liñas de axudas da Xunta para fomentar a actividade silvícola, a xestión forestal conxunta, a boa gobernanza dos montes, a reforestación ou a plantación de especies autóctonas, entre outras.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/02/2026