A Xunta afonda na colaboración coa asociación de asesores rurais para prestar un bo servizo a agricultores e gandeiros

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2026

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reuniuse na mañá de hoxe con representantes da Asociación de Asesores Rurais de Galicia, con quen abordou a posibilidade de establecer novas vías de colaboración para que estas entidades sigan prestando un servizo de calidade aos agricultores e gandeiros galegos.

Neste sentido, recoñeceu o labor desenvolvido por esta asociación que, entre outras accións, representa aos traballadores do sector primario galego ante a administración, imparte información, tanto interna como externa, fomenta as canles de diálogo e recolle as valoracións e propostas de mellora para impulsar este eido.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/02/2026