Lorenzana visita as instalacións de Finsa e destaca a innovación que incorpora no seu proceso produtivo
2026-02-12
/documents/35297/2029428/20260212+LorenzanaVisitaFinsa_1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2026
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as instalacións de Finsa en Santiago de Compostela, onde destacou a tecnoloxía e a innovación que esta firma incorpora no seu proceso produtivo para seguir mellorando a súa competitividade.
A titular de Economía e Industria da Xunta de Galicia puxo en valor a capacidade da empresa para situarse entre as máis grandes de Europa. No percorrido, a conselleira estivo acompañada do director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, así como de persoal do CIF Lourizán e do CIS Madeira de Ourense.
Departamento:
C. de Economía e Industria
Data de actualización: 12/02/2026