Arias destaca que o proxecto “Guías Lugo”, que coordina Guido Álvarez, reforza a oferta turística da cidade

Lugo, 19 de febreiro de 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias,  destacou hoxe que o proxecto “Guías Lugo” reforza a oferta turística da cidade cun servizo de free tour a cargo de guías oficiais especializados no patrimonio e a historia lucense.

Arias participou nunha ruta organizada polo coordinador da iniciativa, Guido Álvarez, para celebrar a nova colaboración con “Guías Bierzo”, coa que estableceron sinerxías co fin de facilitar o seu funcionamento e dinamizar o fluxo de turistas entre ambas zonas

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/02/2026