As obras de mantemento do viaduto da autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) sobre a A-52 farán necesario un corte de calzada a partir deste luns, 23 de febreiro

Para acometer os traballos, que inclúen o izado do taboleiro, será preciso o corte completo da calzada, con desvío do tráfico entre o Enlace de Maside (AG-54) e a A-52, a través da estrada N-541

O corte previsto comezará este luns ás 8 horas e manterase ata as 13 horas do venres

As tarefas enmárcanse no programa da Xunta de inspección das vías e das obras de paso, para preservar a seguridade viaria e alongar a vida útil das infraestruturas

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2026

As obras de mantemento do viaduto da autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) sobre a A-52 farán necesarias novas afeccións ao tráfico a partir deste luns, 23 de febreiro.

Para acometer estes traballos, que incluirán o izado do taboleiro, será preciso un corte completo da calzada, con desvío do tráfico entre o Enlace de Maside (AG-54) e a A-52, a través da estrada N-541. O corte comezará o luns ás 8 horas e manterase ata as 13 horas do venres.

Durante a execución das obras, dispoñerase da sinalización oportuna para orientar aos usuarios da vía a través do itinerario alternativo indicado.

Este novo contrato da Xunta enmárcase no programa pioneiro da Xunta de inspección das vías e das obras de paso, para preservar a seguridade dos usuarios das infraestruturas viarias e alongar a vida útil con accións de conservación preventiva.

Tramo cortado: https://maps.app.goo.gl/iC2LoMrVU9EXUyAL7

Percorridos alternativos:

Data de actualización: 21/02/2026