A Xunta apoia unha nova edición da Copa Galicia de Tute por equipos, que se celebrará en Lugo o 4 de abril

Lugo, 2 de marzo de 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza con Jorge López, presidente da asociación 101-2, para abordar a colaboración do Goberno galego na Copa Galicia de Tute por equipos, que este ano acada a súa cuarta edición.

O torneo celebrarase o próximo 4 de abril no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. A competición está aberta á participación de todas as empresas interesadas en presentar equipo e, na actualidade, xa hai máis de medio cento de inscritas, procedentes de Galicia e Asturias. O prazo para rexistrarse estará aberto ata o 30 de marzo.

Durante o encontro, Arias felicitou ao colectivo organizador polo seu traballo “para consolidar a Copa Galicia de Tute por equipos como unha cita de referencia dentro do calendario de competicións desta modalidade” e puxo en valor este tipo de iniciativas, “que contribúen a dinamizar a actividade social e económica da cidade”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/03/2026