A Xunta inviste preto de 165.000 € na mellora do centro de formación ocupacional de Ferrol

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o centro, onde supervisou as obras executadas en diferentes espazos do CFO

Os traballos permitiron mellorar aulas e accesos, ademais de sanear os baños e mellorar a súa accesibilidade

Ferrol, 2 de marzo de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros,, visitou esta mañá o centro de formación ocupacional (CFO) de Ferrol, no que a Xunta acometeu obras de acondicionamento cun investimento de preto de 165.000 €.

As actuacións incluíron obras de reforma nas aulas de soldadura e de fontanería-calefacción. Ademais, as actuacións contemplaron a reforma e saneado dos baños, mellorando tamén a accesibilidade no destinado a persoas con mobilidade reducida. Nos accesos, cambiouse o portal de entrada e mellorouse a rampla do taller, entre outras accións.

Grazas a este investimento, o centro, no que se imparte formación de 9 familias profesionais, recibiu novo mobiliario e equipamento para algúns dos talleres, entre os que destacan unha pantalla interactiva e mesas para equipos informáticos.

A delegada territorial lembrou o compromiso do Goberno galego cunha formación de calidade “que pasa tamén por ofrecer uns centros que ofrezan espazos confortables, seguros e accesibles”, indicou.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/03/2026