A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas supervisou hoxe as intervencións executadas ao abeiro deste programa do Goberno galego
Allegue destaca no Vicedo que o Plan Hurbe permitiu transformar a rúa Francisco Vilasuso e a travesía da Mariña en espazos máis accesibles e humanizados
Estas intervencións, cun investimento total de 50.000€, son froito do convenio de colaboración entre o Goberno galego e o Concello do Vicedo
Na rúa Francisco Vilasuso mellorouse o itinerario peonil e colocouse mobiliario urbano para acadar unha zona máis amable, xa que neste punto se concentran a Casa da Cultura, a escola infantil ou o parque
Na travesía da Mariña, na parroquia de Santo Estevo, concretamente na zona do cruce cara á igrexa e ao cemiterio, mellorouse a accesibilidade cun pequeno itinerario
Estas obras, ao abeiro do Plan Hurbe, poñen en valor os pobos, repercuten no comercio ou no turismo e axudan a fixar poboación, especialmente no rural
O Vicedo (Lugo), 3 de marzo de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, destacou hoxe no Vicedo que o Plan Hurbe permtiu transformar a rúa Francisco Vilasuso e a travesía da Mariña en espazos máis accesibles e humanizados.
Allegue supervisou hoxe estas intervencións froito do convenio de colaboración asinado no pasado mes de xullo entre o Goberno galego e o Concello do Vicedo.
Explicou que na rúa Francisco Vilasuso se melloraron o itinerario peonil e os espazos de paso e se colocou mobiliario urbano para acadar unha zona máis amable. Sinalou a importancia desta actuación ao tratarse dun punto onde se concentran servizos como a Casa da Cultura, a escola infantil ou o parque.
En relación á travesía da Mariña, na parroquia de Santo Estevo, concretamente na zona do cruce cara á igrexa e ao cemiterio, mellorouse a accesibilidade cun pequeno itinerario e tamén se dispuxo mobiliario urbano.
Estas intervencións, que contaron cun investimento de arredor de 50.000€, leváronse a cabo mediante o Plan Hurbe, un programa co que a Xunta colabora cos concellos para mellorar as súas contornas urbanas ou os equipamentos públicos.
A conselleira puxo en valor “estas actuacións que buscan habilitar espazos máis accesibles, humanizados e agradables, lugares máis amables para vivir”.
Salientou que estas intervencións coidan e poñen en valor os pobos, reforzan o seu atractivo e repercuten na competitividade do comercio local ou do turismo, axudando ademais a a fixar poboación, especialmente en núcleos máis rurais.