María José Gómez salienta a importancia da formación para impulsar o desenvolvemento agrogandeiro

A conselleira do Medio Rural participou hoxe na entrega de premios aos mellores Traballos de Fin de Grao sobre vacún no marco dunha xornada organizada pola Africor Lugo e a revista Vaca Pinta na Facultade de Veterinaria

Lugo, 4 de marzo de 2026

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou hoxe na entrega de premios aos mellores Traballos de Fin de Grao sobre vacún, no marco dunha xornada organizada pola Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos (Africor) e a revista Vaca Pinta na Facultade de. Neste contexto, salientou a importancia da formación para impulsar o desenvolvemento do sector agrogandeiro.

Ademais, tamén puxo en valor potencialidade do sector lácteo en Galicia, unha das principais rexións produtoras de Europa, que medra tanto produción de leite como en calidade. Salientou que na nosa comunidade se produce o 42% do leite de España e o incremento da súa transformación para xerar valor engadido.

A xornada contou cun amplo programa de conferencias para abordar diferentes temas de interese para o sector. Comezou relatorio sobre os seguros agrarios, para os cales a Consellería do Medio Rural conta cunha liña de axudas para fomentar a súa contratación cun orzamento de 9,5 millóns de euros. Tamén se trataron outros asuntos vinculados coa sanidade animal ou as innovacións tecnolóxicas dentro do sector.

O evento finalizará esta tarde cun panel de experiencias sobre a incorporación de mozos. Neste sentido, cómpre salientar que a Consellería este ano mobiliza un orzamento de 53 millóns de euros para favorecer a remuda xeracional no agro, dos cales 23 millóns irán destinados á incorporación de mozos, mentres que os 30 millóns restantes van dirixidos a financiar os plans de mellora asociados a estas incorporacións. No marco destas axudas, desde 2009 téñense incorporado máis de 5.000 mozos na nosa comunidade.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/03/2026