O seguimento na quenda de mañá da folga de facultativos de atención primaria acada o 3,89 % na Sanidade Pública Galega

A Consellería de Sanidade insta ao sindicato O'Mega a sumarse ao acordo maioritario sobre atención primaria para evitarlles a pacientes e profesionais os efectos dun paro indefinido 

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2026

O seguimento da folga de facultativos de atención primaria convocada pola organización sindical O’Mega na quenda de mañá deste martes foi do 3,89 % nos centros sanitarios da comunidade galega.

Por áreas sanitarias, o seguimento na área sanitaria da Coruña e Cee foi do 3,51 %; na de Ferrol, 1,56 %; na de Santiago de Compostela e Barbanza, 4,59 %; na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, 1,81 %; na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 0,60 %; na de Pontevedra e O Salnés, 6,31 %; e na de Vigo, 6,60 %. 

O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.

Como consecuencia da folga de facultativos de atención primaria convocada pola organización sindical O’Mega en sete xornadas de folga suspendéronse 34.942 consultas en Galicia.

A Consellería de Sanidade insta a O'Mega a sumarse ao acordo maioritario sobre atención primaria para evitarlles a pacientes e profesionais os efectos dun paro indefinido.

Data de actualización: 11/03/2026