A Xunta felicita ao alumnado da Escola Mestre Mateo que expón a súas creacións na Fundación Eugenio Granell de Santiago

A directora xeral de FP visita a exposición Despunte 2026 cos mellores proxectos finais de Deseño de Produto, Fotografía, Técnicas Escultóricas e Xoiaría Artística

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe a mostra Despunte 2026 na que os alumnos da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, dependente da Xunta de Galicia, expoñen ao público as súas creacións na Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela ata o vindeiro domingo día 15.

Trátase dos 20 mellores proxectos finais dos estudantes de diversas titulacións que amosan a diversidade deste centro que é un referente na formación artística en Galicia. Na mostra están representados os alumnos do Grao en Deseño de Produto con propostas centradas na innovación social e na interacción coas persoas; dos ciclos formativos dos graos superiores en Técnicas Escultóricas, con obras que exploran o metal e o mármore desde unha óptica contemporánea; en Xoiaría Artística, con pezas que afondan na xoiaría conceptual e de autor, e en Fotografía, con proxectos de investigación visual cunha marcada mirada crítica.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP aproveitou a visita para felicitar aos estudantes polo seu talle artístico e creativo, tal e como se reflicte nos proxectos expostos. Esta mostra é o colofón a unha intensa semana que arrancou o pasado xoves coa tradicional gala e desfile Despunte, unha cita consolidada que xa vai pola súa decimo sexta edición, na que estudantes de moda dan a coñecer ante o público as creacións realizadas durante o curso académico.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/03/2026