A Xunta salienta o compromiso do colexio de Sabarís, en Baiona, co fomento da lectura desde a biblioteca escolar
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa coñece as distintas actividades que desenvolve o centro para o fomento da lectura entre os alumnos
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2026
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o Colexio de Educación Primaria CEP de Sabarís, en Baiona, para coñecer de primeira man as distintas iniciativas que desenvolve este centro ao abeiro do Plan de mellora de bibliotecas escolares, Plambe, do que forma parte desde o curso 2011/12.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou a importancia destas accións en torno á biblioteca “que repercuten directamente na mellora da competencia lectora do alumnado” grazas á implicación e o esforzo dos docentes e dos propios estudantes e das súas familias.
Non en balde, destacan as actividades de fomento da lectura entre a comunidade educativa, as lecturas compartidas, apadriñamentos lectores e encontros con autores, entre outros. Así mesmo, contan cunha radio escolar e, a través do seu Polo Creativo, reforzan a aprendizaxe da linguaxe de programación.