A Xunta avalía novas ferramentas para mellorar as infraestruturas rurais de Muíños e avanzar na prevención de incendios forestais

Ourense, 14 de marzo de 2026

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde do concello ourensán de Muíños, Plácido Álvarez. Nesta reunión, avaliaron o impulso de ferramentas para impulsar a mellora das infraestruturas rurais do municipio. Así, ao abeiro do Plan Camiña Rural 2025-2026, esta localidade conta cun orzamento de preto de 50.000 euros para mellorar as vías municipais.

Por outra banda, estudáronse diferentes liñas de traballo para afondar na prevención de incendios forestas na localidade. A maiores, a titular de Medio Rural lembrou as diferentes ferramentas postas a disposicións dos concellos para a prevención de incendios forestais, como o convenio de xestión de xestión da biomasa nas faixas secundarias, entre outros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/03/2026