A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros visitou o CIFP Fraga do Eume

A Xunta aposta pola integración dos colectivos máis vulnerables reforzando a FP adaptada

Aneiros salientou que esta vía formativa “exclusiva e pioneira de Galicia” está pensada para “ofrecer unha formación específica e un apoio personalizado e adaptado”

Dous estudantes con necesidades educativas especiais fórmanse no centro eumés grazas ao programa FPGal360

Pontedeume (A Coruña), 16 de marzo de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou hoxe o CIFP Fraga do Eume, onde coñeceu aos dous rapaces con necesidades educativas especiais que se forman no centro no marco do Plan FPGal360. Con este programa, o Goberno galego busca asegurar a permanencia dos colectivos vulnerables no sistema educativo, máis aló do ensino obrigatorio.

Estes estudantes do Centro de Educación Especial Aspanaes – Ricardo Touceda, de Ferrol, participan dous días á semana, durante este curso, no ciclo formativo de grado básico de Cociña e Restauración do centro eumés, formándose así nun entorno real, compartido e inclusivo que lles permite adquirir confianza e autonomía e mellorar as súas oportunidades de futuro.

Aínda que esta etapa no centro comezou dentro dunha experiencia piloto educativa en colaboración con Aspanaes, a Consellería de Educación firmou o pasado venres un convenio de colaboración, con esta e outras asociacións, para reforzar a FP Básica Adaptada, afianzando este programa.

Aneiros celebrou este acordo, sinalando que “unha das nosas prioridades é avanzar na inclusión e integración de todas as persoas a través no ensino”. Aproveitou tamén para recordar que esta FP Adaptada é unha proposta “exclusiva e pioneira de Galicia, que permite ofrecer unha formación específica e un apoio personalizado e adaptado ás necesidades de cada un”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/03/2026