A Xunta recoñece o espírito de superación de Fran Gómez Pallas, campión do Dakar na categoría de motos eléctricas

A Coruña, 18 de marzo de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, felicitou hoxe o carballés Fran Gómez Pallas, campión do Rally Dakar na categoría Mission 1000 de motos eléctricas á fronte do equipo Arctic Leopard Dakar Galicia Team.

Diego Calvo recoñeceu o espírito de superación de Fran Gómez Pallas, que, co apoio da Xunta, logrou facerse co Dakar na súa novena participación despois de converterse no 2024 no primeiro español que participou neste rally cunha moto cento por cento eléctrica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/03/2026