Arias e o Clube Atletismo Chantada estudan liñas de colaboración para a XV Carreira Popular que se celebrará en maio
2026-03-19
/documents/35297/2054410/190326+CarreiraChantada.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 19 de marzo de 2026
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co presidente do Clube Atletismo Chantada, Alejandro Méndez, e outros representantes da entidade para avanzar liñas de colaboración de cara á XV Carreira Popular da localidade, que se celebrará o 9 de maio.
A inscrición pode realizarse online nalgunha das seis modalidades previstas: dúas para adultos, de 4,5 e 9 quilómetros respectivamente, e o resto infantís para distintos tramos de idade.
O percorrido discorre integramente polo núcleo urbano de Chantada; contará con animación musical e no acto de entrega de premios sortearanse entre o público lotes de produtos cedidos polo comercio local.
Departamento:
Secretaría Xeral para o Deporte
Data de actualización: 19/03/2026