María José Gómez e o alcalde de Riotorto estudan novas iniciativas para impulsar as infrasestruturas rurais
Lugo, 21 de marzo de 2026
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo esta semana unha xuntanza co alcalde do concello lucense de Riotorto, Clemente Iglesias, con quen estudou a posibilidade de establecer novas vías de colaboración para impulsar as infraestruturas rurais deste municipio.
Así, avaliaron a repercusión do Plan Camiña Rural no concello, que na convocatoria 2025-2026 permitiu mellorar o camiño Vilaseca-A Azoreira a través dunha achega económica de algo máis de 50.000 euros. Para a anualidade 2026-2027 a localidade ten asignado un montante semellante. Por outra banda, a conselleira lembrou outras iniciativas e liñas de achegas postas en marcha polo Goberno autonómico e que poderían contribuír a dinamizar a contorna de Riotorto.