As obras de mantemento do viaduto da autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) sobre a A-52 farán necesario un corte de calzada no ramal de Maside a partir deste luns
Para acometer os traballos, que inclúen a execución da segunda fase da pila do viaduto, será preciso o corte da calzada dereita entre o ramal de Maside (AG-54) e a A-52, con desvío de tráfico pola estrada N-541
O corte previsto comezará este luns ás 8 horas e manterase ata as 13 horas do venres 27
Esta actuación enmárcanse no programa da Xunta de inspección das vías e das obras de paso, para preservar a seguridade viaria e alongar a vida útil das infraestruturas
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2026
As obras de mantemento do viaduto da autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) sobre a A-52, en sentido Ourense, farán necesarias novas afeccións ao tráfico a partir deste luns, 23 de marzo.
Para seguir avanzando nestes traballos, nos que se executará a segunda fase da pila 1 do viaduto, será preciso o corte da calzada dereita entre o ramal de Maside (AG-54) e a A-52, con desvío do tráfico pola estrada N-541. O corte se prevé comezar este vindeiro luns ás 8 horas e manterase ata as 13 horas do venres, día 27.
Durante a execución das obras, dispoñerase da sinalización oportuna para orientar aos usuarios da vía a través do itinerario alternativo indicado.
Este novo contrato da Xunta enmárcase no programa pioneiro da Xunta de inspección das vías e das obras de paso, para preservar a seguridade dos usuarios das infraestruturas viarias e alongar a vida útil con accións de conservación preventiva.
Tramo cortado: https://maps.app.goo.gl/iC2LoMrVU9EXUyAL7
Percorridos alternativos:
- Desde Santiago (AG-53): https://maps.app.goo.gl/VgW97jrwn7BVchy79
- Desde O Carballiño (AG-54): https://maps.app.goo.gl/sRLgSyR293GwNe8x6