O delegado territorial visita o resultado dos traballos de reforma do ascensor do IES San Paio

A actuación foi posible grazas a un investimento de preto de 32.000 euros da Xunta

O delegado territorial lembrou a importancia de contar con instalacións educativas accesibles

Tui (Pontevedra), 23 de marzo de 2026

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o resultado dos traballos de reforma do ascensor do IES San Paio, no concello de Poio.

Os traballos foron posibles grazas a unha achega da Xunta de preto de 32.000 euros e permitiron mellorar a accesibilidade do edificio. Trátase dunha obra especialmente importante para dar servizo ao profesorado e alumnado con mobilidade reducida e que agora goza dunha maior autonomía e comodidade.

O delegado territorial aproveitou a visita para lembrar o compromiso da Xunta coa educación pública e o mantemento dunhas instalacións educativas “accesibles para todo o mundo”.

Plan de nova arquitectura pedagóxica

O Goberno galego ten un compromiso coa renovación e adaptación dos colexios e institutos ás necesidades do século XXI ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica.

Esta folla de ruta abrangue tanto as partidas anuais para as grandes obras en execución, como a construción de novos centros ou rehabilitacións integrais, así como intervencións de pequena e mediana envergadura que adoitan acometerse nos meses de verán (reformas de baños, pequenas melloras de accesibilidade, obras de humanización, tarefas de pintura ou arranxos de patios, entre outras).

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/03/2026