Medio Rural celebra o incremento da superficie con certificado de produción ecolóxica en Galicia

Lugo, 24 de marzo de 2026

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe na reunión do Pleno do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega). Nesta reunión, avaliouse a situación actual deste distintivo, que vén de incrementar a superficie inscrita baixo este selo nun 2,68 %, pasando de 45.459,25 hectáreas no ano 2024 a 46.677,32 neste 2025, o que amosa a tendencia á alza deste réxime produtivo.

A maiores, abordouse o programa de promoción previsto para este 2026, deseñado co fin de impulsar a comercialización dos produtos ecolóxicos dentro e fóra de Galicia, ao tempo que se dan a coñecer este tipo de elaboracións entre os consumidores.

Data de actualización: 25/03/2026