Extinguido o incendio forestal do concello coruñés da Laracha, parroquia de Caión
O lume deuse por rematado ás 00.49 horas de hoxe e afectou finalmente unha superficie de 33,49 hectáreas, das cales 19,49 corresponden a monte arborado e as 14 restantes a raso
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2026
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés da Laracha, parroquia de Caión, quedou extinguido ás 00.49 horas de hoxe.
O lume iniciouse ás 16.07 horas de onte xoves e afectou finalmente unha superficie de 33,49 hectáreas, das que 19,49 foron de monte arborado e as 14 restantes de raso. Para a súa extinción mobilizáronse, en conxunto, 5 axentes, 9 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.