A Xunta reúne aos axentes sociais nunha xornada de traballo para abordar o novo Plan de Seguridade Viaria 2026-2030

A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, participou nesta reunión á que tamén asistiron representantes da Dirección Xeral de Tráfico, da Federación Galega de Ciclismo, COGAMI ou a Federación Galega de Transportes de Mercadorías, entre outras

No encontro presentouse o resumo provisional das liñas de acción que constituirán o borrador do vindeiro plan para o período 2026-2030

O obxectivo do próximo plan é consolidar un sistema viario seguro e adaptado aos cambios nos patróns de mobilidade, incorporando a innovación tecnolóxica

Unha vez a Xunta reciba as achegas dos axentes sociais, comezará a elaboración do borrador do plan, que se someterá a participación pública para avanzar cara á aprobación definitiva

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2026

A Xunta reúne aos axentes sociais nunha xornada de traballo para abordar o novo Plan de Seguridade Viaria 2026-2030. A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, abriu hoxe esta xornada de presentación para seguir avanzando cara a materialización deste novo programa.

Neste encontro, ademais de persoal da Axencia Galega de Infraestruturas, participaron representantes da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), da Federación Galega de Ciclismo, da Asociación Nacional de Motoristas, de COGAMI, da Federación Galega de Transportes de Mercadorías ou de APETAMCOR, entre outras.

Na reunión avaliouse o desenvolvemento do Plan vixente e a consecución dos obxectivos fixados e presentouse o resumo provisional das liñas de acción que constituirán o borrador do vindeiro plan para o período 2026-2030.

O obxectivo do próximo plan é consolidar un sistema viario seguro, resiliente e adaptado aos cambios nos patróns de mobilidade de Galicia, incorporando a innovación tecnolóxica, a análise avanzada de datos e ferramentas para a toma de decisións e a avaliación de resultados.

Unha vez a Xunta reciba todas as achegas e suxestións por parte dos diferentes axentes sociais, procederase á elaboración do borrador do plan, que se publicará na páxina web da Axencia Galega de Infraestruturas para a súa consulta e participación pública. Posteriormente, informarase do Plan no Consello da Xunta, solicitando os informes necesarios, e avanzarase na súa tramitación ata a aprobación definitiva.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/03/2026