Medio Rural e o concello de Ribadeo estudan vías de colaboración para impulsar a prevención de incendios
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2026
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, reunise hoxe co alcalde do concello lucense de Ribadeo, Daniel Vega. Neste encontro, estudaron posibles vías de colaboración para impulsar de xeito conxunto a prevención de incendios forestais no municipio.
Manuel Francisco lembrou os diferentes apoios postos en marcha pola Consellería do Medio Rural para afondar nesta materia da man dos concellos, como pode ser o convenio para a xestión da biomasa nas faixas secundarias. Esta colaboración coa empresa pública Seaga conta cun orzamento anual de 25 millóns, o dobre que o convenio anterior, e con ela préstase axuda tanto administracións como a propietarios para facilitar o cumprimento das súas obrigas.