Reguera visita o resultado das obras de limpeza e escavación do petroglifo de Outeiro do Cribo e informa sobre a nova convocatoria de axudas a concellos para mellora de recursos turísticos
A actuación foi posible grazas a unha achega de preto de 30.000 euros da Xunta
Meis (Pontevedra), 1 de abril de 2026
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o resultado dos traballos de limpeza e escavación do petroglifo de Outeiro do Cribo, no concello de Meis.
Esta actuación foi posible grazas a unha achega da Xunta de preto de 30.000 euros ao abeiro das axudas destinada á mellora das infraestruturas turísticas en concellos de menos de 10.000 habitantes.
O delegado comprobou o bo resultado da actuación que foi beneficiaria da liña de axudas de apoio turístico da Xunta a estes municipios que “é unha nova proba do compromiso da Xunta coa conservación do patrimonio galego” e asegurou que se trata de una iniciativa que aposta pola “colaboración entre institucións para mellorar a contorna e a vida de todos os veciños”.
Estas axudas permiten financiar actuacións moi diversas orientadas á mellora e posta en valor dos recursos turísticos locais como embelecemento dos accesos aos recursos turísticos, a recuperación e tratamento paisaxístico das contornas, a iluminación ornamental, a adecuación de aparcadoiros ou a creación de miradoiros paisaxísticos e rutas de sendeirismo.