Medio Rural avalía novas vías de colaboración coa Asociación de Tecores Galegos

A conselleira do Medio Rural recibiu en San Caetano aos responsables desta entidade para impulsar a cooperación en materia de loita contra incendios e abordar tamén a situación da fauna salvaxe en aras de garantir a prevención e control das enfermidades no gando

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2026

A Xunta avalía novas vías de colaboración coa Asociación de Tecores Galegos (Ategal) en materia de loita contra incendios forestais e tamén no que atinxe á situación da fauna salvaxe en aras de garantir a prevención e control das enfermidades no gando.

Estes e outros asuntos de interese para o agro galego foron abordados no encontro de traballo mantido entre a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e os responsables desta entidade días atrás en San Caetano.

O encontro serviu para avanzar nas diversas vías de cooperación existentes entre a Consellería e esta asociación, cuxos integrantes contan cun amplo coñecemento do territorio. Este feito aporta valor á Administración á hora, por exemplo, de cooperar na loita contra o lume ou a prevención e control das enfermidades do gando, especialmente daquelas que poden ser contaxiadas por fauna silvestre.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/04/2026