Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 17.00 horas

Está activo desde as 14.47 horas de hoxe un incendio forestal no concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Ribadetea, que segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas

Está tamén activo desde as 14.20 horas un incendio forestal no concello coruñés de Carballo, parroquia de Noicela, que segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2026

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ás 17.00 horas de hoxe.

Activo Ponteareas-Ribadetea

Está activo desde as 14.47 horas de hoxe un incendio forestal no concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Ribadetea, que segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 10 axentes, 15 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 1 técnico, 2 helicópteros e 3 avións.

Activo Carballo-Noicela

Está tamén activo desde as 14.20 horas de hoxe un incendio forestal no concello coruñés de Carballo, parroquia de Noicela, que segundo as últimas estimacións provisionais superas as 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 4 axentes, 1 brigada, 1 motobomba, 2 técnicos, 1 helicóptero, 3 unidades técnicas de apoio, 1 helicóptero e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Data de actualización: 06/04/2026