Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20.00 horas

Decretada a Situación 2 como medida preventiva no incendio forestal do concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Ribadetea, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 200 hectáreas

Continúa tamén activo o incendio forestal do concello coruñés de Carballo, parroquia de Noicela, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 80 hectáreas

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2026

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos incendios forestais con datos recollidos ás 20.00 horas de hoxe.

Activo Ponteareas-Ribadetea. Decretada Situación 2

Continúa activo desde as 14.47 horas de hoxe o incendio forestal do concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Ribadetea, no que se decretou a Situación 2 como medida preventiva pola súa proximidade ao núcleo do Galleiro, no concello de Pazos de Borbén. O lume iniciouse en dous focos diferenciados, o que apunta a unha clara intencionalidade. Segundo as últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de 200 hectáreas nas localidades de Ponteareas, Pazos de Borbén e Mos. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 13 axentes, 19 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 4 técnico, 1 unidade técnica de apoio, 5 helicópteros e 6 avións.

Activo Carballo-Noicela

Segue tamén activo desde as 14.20 horas de hoxe un incendio forestal no concello coruñés de Carballo, parroquia de Noicela, que se fusionou con outro rexistrado na localidade da Laracha, parroquia de Caión. Segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 80 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 7 axentes, 12 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 2 técnicos, 3 unidades técnicas de apoio, 3 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

Data de actualización: 06/04/2026