O secretario xeral para o Deporte participa na presentación da carreira solidaria Costa Ártabra
2026-04-08
/documents/35297/2079474/20260408SXDPresentacionCostaArtabra+%2812%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Oleiros (A Coruña), 8 de abril de 2026
O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, participou hoxe na presentación da cuarta edición da carreira solidaria Costa Ártabra, que se desenvolverá o domingo 19 de abril baixo a organización do Comité Antisida da Coruña (Casco). O acto tivo lugar na sede do INEF en Bastiagueiro (Oleiros) e contou coa presenza do exatleta coruñés Andrés Díaz.
Data de actualización: 08/04/2026