O seguimento na quenda de mañá da folga de atención primaria acada o 1,77 % na Sanidade Pública Galega
O paro está convocado polo sindicato CIG, a única forza sindical que non se sumou ata o momento á reforma integral da atención primaria que a Consellería de Sanidade está a negociar xa con seis organizacións sindicais
Santiago de Compostela, 9 de abril de 2026
O seguimento da folga de atención primaria convocada polo sindicato CIG na quenda de mañá deste xoves foi do 1,77 % nos centros sanitarios da comunidade galega.
Por áreas sanitarias, o seguimento na área sanitaria da Coruña e Cee foi do 1,03 %; na de Ferrol, 1,45 %; na de Santiago de Compostela e Barbanza, 1,85 %; na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, 0,65 %; na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 1,40 %; na de Pontevedra e O Salnés, 2,08 %; e na de Vigo, 3,18 %.
O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.
A CIG, convocante do paro no día de hoxe de atención primaria, é a única forza sindical que decidiu non sumarse ao acordo para a reforma integral da atención primaria que a Consellería de Sanidade está a negociar xa con seis organizacións sindicais.