A conselleira María Martínez Allegue asiste á andaina ‘Pontevedra en Marcha contra o Cancro’

Pontevedra, 4 de outubro de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, participou esta mañá na oitava edición  da andaina Pontevedra en Marcha contra o Cancro, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro.

Antes do corte de cinta que deu inicio a esta andaina, a conselleira agradeceu o labor da asociación, especialmente da directiva, e animou aos presentes a participar, mostrando unha vez máis a solidariedade desta cidade de Pontevedra.

Por outra parte, a conselleira aproveitou para certificar o compromiso da Xunta coa investigación médica e coa prevención da enfermidade.

Allegue concluíu convidando a toda a sociedade a “seguir camiñando xuntos na loita contra o cancro e trasladando o apoio ás persoas que padecen esta enfermidade, así como ás súas familias e acompañantes”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/10/2026