O conselleiro de Sanidade participou hoxe no xantar solidario organizado en conmemoración do aniversario da Asociación
Gómez Caamaño pon en valor a traxectoria de 30 anos de apoio a pacientes e familias da Asociación Española Contra o Cancro en Cabana de Bergantiños
Resalta o papel da asociación nos chamamentos á poboación para participar nos cribados de cancro da sanidade pública
Cabana de Bergantiños (A Coruña), 11 de abril de 2026
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, puxo hoxe en valor a traxectoria de 30 anos de apoio a pacientes e familias da Asociación Española contra o Cancro de Cabana de Bergantiños. O titular da carteira sanitaria da Xunta participou este mediodía no xantar solidario organizado para conmemorar o aniversario desta asociación.
No evento, celebrado no pavillón municipal A Carballa, Gómez Caamaño louvou tamén as iniciativas da Asociación Española contra o Cancro de Cabana de Bergantiños para difundir os beneficios da participación nos programas de detección precoz de cancro de colon, mama e cérvix.
Coincidindo coa recente conmemoración do Día mundial contra o cancro colorrectal, a Xunta lembrou que diagnostica dous de cada tres cancros de colon en fases precoces, o que permite tratamentos máis eficaces e maior supervivencia.