O conselleiro de Deportes participa na entrega de premios da primeira etapa de ‘O Gran Camiño’

A Coruña, 14 de abril de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou hoxe na entrega de premios da primeira etapa da proba ciclista O Gran Camiño, unha contra o reloxo individual con saída e meta na Torre de Hércules. Previamente, a inauguración desta quinta edición da volta ciclista internacional contou, ademais de con Belén do Campo, coa presenza do director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles.

O Gran Camiño. The Historical Route percorrerá ata o vindeiro sábado, 18 de abril, as catro provincias galegas ao longo de cinco etapas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/04/2026