Martina Aneiros asiste á inauguración da exposición conmemorativa polos 300 anos do Departamento Marítimo do Norte
2026-04-15
/documents/35297/2086715/ExpoDeptMarNorte+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 15 de abril de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu hoxe no Museo Naval ao acto de inauguración da exposición conmemorativa polo 300 aniversario do Departamento Marítimo do Norte. No acto participaron o director do Museo Naval, Juan Gómez Corbalán, o almirante Vicente Rubio Bolívar, e o alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela.
A mostra, situada no antigo penal de San Campio, dentro do complexo do museo, permanecerá aberta ata o 28 de xuño. Esta pon o foco na creación do Departamento en 1726 impulsado por José Patiño Rosales, intendente xeral e secretario do Despacho de Mariña de Felipe V, e contextualiza como se xestou esta estrutura administrativa e militar que marcou a traxectoria da cidade.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 15/04/2026