A Xunta entrega un local de promoción pública no barrio da Tinería no que se instalará un despacho de avogados

Lugo, 16 de abril de 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, fixo entrega hoxe en réxime de alugueiro dun local de promoción pública situado no número 34 da rúa Tinería, que acollerá un despacho de avogados.

Arias destacou a importancia de que se instalen na zona actividades económicas “que acompañen á rehabilitación urbanística que está a acometer o Goberno galego a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo”.

Neste sentido, indicou que o Goberno galego continúa investindo na compra e reforma de inmobles “para dinamizar o barrio e devolverlle o papel central que merece, en pleno corazón da cidade de Lugo”. Entre outros proxectos en marcha, vanse recuperar o Pazo de Dona Urraca e a súa contorna, onde se crearán 16 novas vivendas cun investimento previsto de preto de 7 millóns de euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/04/2026