O Servizo Galego de Saúde convoca o proceso selectivo para o acceso como persoal estatutario fixo en diversas categorías con título de especialista en ciencias da saúde
Convócanse un total de 122 prazas correspondentes a varias especialidades da categoría de facultativo especialista de área, médico de hospitalización a domicilio, médico de urxencias e pediatra de atención primaria
A resolución da convocatoria deste proceso realizouse en execución da Lei de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura
O prazo de inscrición remata o 15 de xuño
Santiago de Compostela, 17 de abril de 2026
O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, unha resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde coa convocatoria de proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área, médico de hospitalización a domicilio, médico de urxencias e de pediatra de atención primaria.
A resolución da convocatoria deste proceso realizouse en execución da Lei 2/2022, do 6 de outubro, de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en ciencias da saúde do Servizo Galego de Saúde. Estas medidas garanten a adecuada atención sanitaria de toda a poboación galega.
O número total de prazas ofertadas é de 122: 80 pola quenda de acceso libre, 33 de promoción interna e 9 pola quenda de discapacidade xeral. Da totalidade das prazas ofertadas 39 corresponden á categoría de facultativo especialista de área; 2 á de médico de hospitalización a domicilio; 27 a médico de urxencias; e 54 a pediatra de atención primaria.
O formulario de inscrición estará dispoñible a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, no expediente electrónico do profesional (FIDES/Expedient-e/Procesos/OPE). O prazo de inscrición comeza o 18 de abril e remata o 15 de xuño de 2026.
As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter no momento da toma de posesión como persoal estatutario fixo, os requisitos recollidos na resolución de convocatoria.
Requisitos
O órgano convocante poderá verificar certos requisitos de participación a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia (PasaXe!). Isto implica que os aspirantes que non se opoñan no formulario de solicitude de participación á consulta a través da plataforma de interoperabilidade non terán a obriga de achegar certa documentación acreditativa como o DNI ou NIE, o certificado de discapacidade ou o certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial se foron expedidos por organismos da Comunidade Autónoma de Galicia, a certificación de antigüidade como demandante de emprego e de non percibir no momento actual prestación ou subsidio por desemprego en calquera parte do territorio nacional.
Fóra destes supostos ou cando conste a oposición expresa a súa consulta, os aspirantes deberán presentar a documentación acreditativa dos requisitos indicados na base segunda da convocatoria.
Os méritos a ter en conta na fase de concurso son os recollidos no Anexo II da convocatoria e valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, inclusive, ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Os interesados deberán rexistralos debidamente no seu expediente electrónico do profesional (Fides/expedient-e) e acreditalos documentalmente na forma e prazos indicados na convocatoria.
Prazas por categorías
Na seguinte táboa pode consultarse o número de prazas ofertadas por categoría e por quenda de acceso:
|
Categoría/Especialidade |
Acceso Libre |
Promoción interna |
Reserva discapac. |
Total |
|
Facultativo Especialista de Área de Análises Clínicas |
1 |
1 |
|
2 |
|
Facultativo Especialista de Área de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía |
4 |
1 |
|
5 |
|
Facultativo Especialista de Área de Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo |
5 |
2 |
|
7 |
|
Facultativo Especialista de Área de Farmacia Hospitalaria |
1 |
|
|
1 |
|
Facultativo Especialista de Área de Hematoloxía e Hemoterapia |
1 |
|
|
1 |
|
Facultativo Especialista de Área de Medicina Física e Rehabilitación |
1 |
|
|
1 |
|
Facultativo Especialista de Área de Medicina Interna |
2 |
1 |
|
3 |
|
Facultativo Especialista de Área de Nefroloxía |
2 |
1 |
|
3 |
|
Facultativo Especialista de Área de Neuroloxía |
1 |
|
|
1 |
|
Facultativo Especialista de Área de Obstetricia e Xinecoloxía |
1 |
|
|
1 |
|
Facultativo Especialista de Área de Oftalmoloxía |
1 |
|
|
1 |
|
Facultativo Especialista de Área de Otorrinolaringoloxía |
1 |
1 |
|
2 |
|
Facultativo Especialista de Área de Pediatría e as súas Áreas Específicas |
1 |
1 |
|
2 |
|
Facultativo Especialista de Área de Pneumoloxía |
1 |
|
|
1 |
|
Facultativo Especialista de Área de Psicoloxía Clínica |
1 |
1 |
|
2 |
|
Facultativo Especialista de Área de Psiquiatría |
1 |
1 |
|
2 |
|
Facultativo Especialista de Área de Radiodiagnóstico |
1 |
|
|
1 |
|
Facultativo Especialista de Área de Reumatoloxía |
1 |
|
|
1 |
|
Facultativo Especialista de Área de Uroloxía |
1 |
1 |
|
2 |
|
Médico de Hospitalización a Domicilio |
1 |
1 |
|
2 |
|
Médico de Urxencias |
17 |
7 |
3 |
27 |
|
Pediatra de atención primaria |
34 |
14 |
6 |
54 |
Na seguinte táboa pode consultar o número total prazas ofertadas por área sanitaria e hospital comarcal das categorías de facultativo especialista de área, médico de urxencias hospitalarias e médico de hospitalización a domicilio:
|
Área Sanitaria |
Hospital |
Prazas |
|
A.S. da Coruña e Cee |
Hospital Público de Cee |
13 |
|
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
Hospital Público de Barbanza |
11 |
|
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
Hospital Público da Mariña |
17 |
|
Hospital Público de Monforte |
4 |
|
|
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
Hospital Público do Barco de Valdeorras |
7 |
|
A.S. de Pontevedra e O Salnés |
Hospital Público do Salnés |
16 |
|
Total: |
|
68 |
Así mesmo, na seguinte táboa pode consultarse o número de prazas ofertadas por área sanitaria na categoría de pediatría de atención primaria:
|
Área Sanitaria |
Total |
|
A.S. da Coruña e Cee |
10 |
|
A.S. Ferrol |
8 |
|
A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza |
3 |
|
A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos |
9 |
|
A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras |
9 |
|
A.S. de Pontevedra e O Salnés |
7 |
|
A.S. Vigo |
8 |
|
Total prazas |
54 |
Os aspirantes poden dirixir todas as dúbidas e consultas relacionadas con este proceso ao enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es.