Martina Aneiros recibe á presidenta do Club Hockey Narón

Ferrol, 21 de abril de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo hoxe unha reunión coa presidenta do Club Hockey Narón, Verónica Ramos, na que falaron sobre as actividades que organiza o club deportivo e indagaron en posibles vías de colaboración.

O encontro enmárcase na rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo co tecido asociativo da zona co obxecto de coñecer de primeira man as súas  necesidades e demandas relacionadas coa Administración autonómica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/04/2026