O Servizo Galego de Saúde publica as listas de selección temporal de enfermería e técnico en coidados auxiliares de enfermería

A nova relación entrará en vigor a efectos de chamamentos mañá día 23 de abril

Resultaron admitidas 37.177 persoas, das cales 18.070 integran a lista de enfermería, 1.038 a de enfermería do 061 e 17.799 a de técnico en coidados auxiliares de enfermería

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2026

O Servizo Galego de Saúde publica, na edición de hoxe do Diario Oficial de Galicia, a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal das categorías de enfermeiro, enfermeiro da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e técnico en coidados auxiliares de enfermería.

O total de aspirantes admitidos foi de 37.177 persoas. En concreto, 18.070 en enfermería, 1.308 en enfermería do 061 e 17.799 en técnico en coidados auxiliares de enfermería.

O número de novas inscricións en relación ao pasado ciclo é de 803 en enfermeiro, 62 en enfermeiro do 061 e 1.360 en técnico en coidados auxiliares de enfermería.

As listas atópanse publicadas, á disposición dos interesados, na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Entrarán en vigor a efectos de chamamentos o día 23 de abril de 2026.

Próximas listas definitivas

Proximamente publicaranse as listas definitivas de facultativos especialistas de área, médico de admisión e documentación clínica e médico de hospitalización a domicilio.

Data de actualización: 22/04/2026