Martina Aneiros participa na apertura do primeiro Atlantic Moot Court

Ferrol, 24 de abril de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, na apertura da primeira edición do Atlantic Moot Court, a simulación  dun caso da Corte Internacional de Xustiza, o principal órgano xudicial da ONU.

Aneiros animou aos case 60 estudantes de sete universidades de toda que participan nun evento que  simula “o que poderá ser a súa realidade nun futuro”, remarcou. A xornada tamén inclúe unha conferencia impartida polo codirector do Instituto sobre Conflitos e Acción Humanitaria (IECAH), Jesús Núñez, baixo o título “Desorde mundial e convulsións xeopolíticas en Oriente Medio”. A representante do Goberno galego aproveitou para reafirmar o apoio da Xunta a este tipo de eventos “que forman parte da aposta do Executivo galego por unha formación de calidade que dea saída a uns profesionais óptimos nas súas áreas”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/04/2026