Martina Aneiros reúnese con representantes do Club Ferrol Atletismo

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo hoxe unha reunión con representantes do Club Ferrol Atletismo, co fin de coñecer as actividades que organiza o ente deportivo e afondar en posibles vías de colaboración.

O encontro enmárcase na rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo co tecido asociativo da zona co obxecto de coñecer de primeira man as súas  necesidades e demandas relacionadas coa Administración autonómica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/04/2026