A Xunta lanza un programa formativo sobre tecnoloxías para desenvolver xemelgos dixitais

Os cursos impartiranse entre maio e setembro no CNTG, que xa abriu o prazo de inscrición para as primeiras formacións 

O itinerario divídese en 5 módulos con más de 500 horas de formación, abertas á cidadanía pero especialmente dirixidas aos profesionais do sector tecnolóxico

É unha das iniciativas do proxecto RETECH Aceleración de Ecosistemas de emprendimento e Innovación baseados en Xemelgos Dixitais, do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2026

A Xunta puxo en marcha esta semana un itinerario formativo sobre as tecnoloxías xeoespaciais para desenvolver xemelgos dixitais. Son máis de 500 horas de formación en torno a cinco módulos temáticos que se impartirán en diferentes sesións entre os meses de maio e xuño. O prazo de inscrición para os primeiros cursos está aberto e dispoñible a través da web do Centro de Novas Tencoloxías de Galicia (CNTG).

Este itinerario formativo é froito da colaboración ente a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a consellería de Emprego, Comercio e Emigración para facilitar a especialización dos profesionais do sector tecnolóxico, aínda que está aberto a calquera persoa interesada na materia. Ao longo dos vindeiros meses abordaranse en diferentes xornadas, tanto aspectos tecnolóxicos como de xestión dos xemelgos dixitais: IoT e integración en Xemelgos Dixitais; Big Data en Xemelgos Dixitais; Xestión de Fluxos en tempo Real; Visualización e Análise Avanzada; Gobernanza, Seguridade e Calidade do Dato. 

Este programa formativo é una das actividades do proxecto Aceleración de Ecosistemas de Emprendimento e Innovación baseados en Xemelgos Dixitais, encadrado dentro do Programa de Redes Territoriales de Especialización Tecnológica (Retech) no Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia - financiado pola Unión Europea- Next Generation EU.

Data de actualización: 26/04/2026