A Xunta patrocina o Descenso Internacional do Miño que organizan a Federación galega de piragüismo e o Club Cidade de Lugo

Lugo, 5 de maio de 2026

 A Xunta de Galicia patrocina o LXIX Descenso Internacional do Miño, que se celebrará este sábado, día 9, organizado pola Federación Galega de Piragüismo en colaboración co club Cidade de Lugo.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da proba, decisiva para o campionato galego Xunta de Galicia Ríos. Arredor de 70 embarcacións tomarán a saída en Rábade ás 17:00 horas para percorrer unha distancia de 18 quilómetros ata chegar á Ponte Romana de Lugo.

Unha hora antes levarase a cabo o Descenso do Miño Popular en kaiak, impulsado polo club lucense para que todos os afeccionados a este deporte poidan desfrutar do evento. Non ten carácter competitivo e o itinerario será de 3 quilómetros entre Rábade e Outeiro de Rei.

Arias subliñou o “poder de convocatoria desta cita histórica que conseguiu consolidarse como un referente no calendario deportivo nacional” e destacou ademais a combinación que esta proba fai de deporte, tradición e promoción do territorio, “contribuíndo a dinamizar a actividade deportiva e social arredor do Miño e a proxectar a imaxe da nosa provincia”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/05/2026