A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Chantada
2026-05-07
/documents/35297/2114545/260507_Vivnda_AlcdChantada_MAC-0.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez.
No encontro mantido esta tarde en San Caetano, e no que tamén estivo o director territorial da Consellería en Lugo, Marco Antonio Fernández Piñeiro, abordáronse actuacións en materia de urbanismo, de interese para este municipio.
A Xunta segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Departamento:
C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Data de actualización: 07/05/2026