A delegación territorial da Xunta en Lugo acolle este sábado o V Concerto de Primavera organizado polo Orfeón Xoán Montes
Lugo, 8 de maio de 2026
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá este sábado, 9 de maio, o V Concerto de Primavera organizado polo Orfeón Xoán Montes, de Lugo.
O recital comezará ás 19,30 horas e, ademais da agrupación organizadora, actuarán a Coral do Orfeão de Valadares, procedente de Vila Nova de Gaia (Portugal), a Coral Xuvenil Sagrado Corazón, de Ribadeo, e a Coral Chorima de Castro, de Narón.
A través desta iniciativa, o Orfeón Xoán Montes pretende contribuír á promoción e difusión da música coral na cidade, ofrecendo ao público unha mostra da diversidade e riqueza deste xénero musical, así como favorecer o intercambio cultural entre as formacións participantes.
Data de actualización: 08/05/2026