A Xunta apoia ao Club Ciclista Cidade de Lugo na nova proposta ‘Vacaloura Gravel’, que se celebrará o 28 de xuño

Castro de Rei (Lugo), 14 de maio de 2026

A Xunta de Galicia colabora co Club Ciclista Cidade de Lugo na nova proposta Vacaloura Gravel, que celebrará a súa primeira edición o vindeiro 28 de xuño. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da cita, que tivo lugar no Museo do Castro de Viladonga.

A proba ciclista discorrerá polas paisaxes da Terra Chá, mesturando tramos de estrada e de montaña, e constará dunha ruta competitiva de 100 quilómetros cun desnivel acumulado positivo de 1400 metros, e outra non competitiva de 55 quilómetros cun desnivel acumulado de 700 metros. Comezará ás 9:30 horas e a liña de saída e meta estará situada en Castro de Rei.

As inscricións deben formalizarse a través da páxina web do evento, ata o 21 de xuño ou ata completar as 300 prazas dispoñibles, e poden participar deportistas a partir de 16 anos distribuídos en distintas categorías por tramos de idade.

Data de actualización: 14/05/2026